Así é a natación como modo de vida
Así é a natación como modo de vida
Unha homenaxe aos profesionais que adestran deportistas e que nos aprenden a técnica
Hai 16 anos que Jaime se dedica profesionalmente a isto, a ser profesor e adestrador de natación. Unha paixón que converteu no seu xeito de vida.
Esixe un grande esforzo, tanto para el como para os seus nadadores. E tamén supón unha importante responsabilidade.
Cando estes rapaces saen da piscina continúan adestrándose en seco, no ximnasio e tamén fóra del.
Mesmo cando chove deben completar os seus exercicios. O seu adestrador tamén é profesor de natación.
Cada vez somos máis conscientes da importancia dunha disciplina deportiva que se practica con fins deportivos, recreativos, educativos e de supervivencia.
A este centro acoden nenos dende os catro meses. Por iso tamén hai profesoras de natación especializadas en idades temperás e mesmo en embarazo e natación.
Os profesores e adestradores de natación ademais de aprendernos técnicas elaboran programas de aprendizaxe en función das necesidades e intereses do público co que traballen.