Humanos e robots, man a man, fan chegar a comida aos pacientes do Cunqueiro

O proceso de elaboración está totalmente automatizado de principio a fin

G24.gal 15/11/2023 16:16

Os novos avances tecnolóxicos supuxeron un importante paso para axilizar os procesos de elaboración de comidas nos hospitais. Na cociña do Álvaro Cunqueiro, en Vigo, persoas e robots colaboran para facer chegar aos pacientes os seus menús. 

Sobre as 8 da mañá empeza todo o proceso. Nunha sala prepárase a comida que se elabora posteriormente nunha enorme cociña. Centos de menús, que chegarán aos pacientes do Cunqueiro e tamén aos do Meixoeiro e o Nicolás Peña.

Unha vez elaborada a comida chega o empratado. E despois entran en escena os robots. Cargan os carros cos menús e lévanos ás plantas correspondentes. Un proceso automatizado en que eles mesmos chaman o ascensor.

Unha vez que os carros chegan á planta é o momento da repartición dos menús. 

Despois os robots teñen máis traballo. Levan os carros coas bandexas a unha sala onde se limpan de forma automática, e se detecta se gustou a comida.

Para os profesionais que traballan neste departamento, case 160, e que se ocupan a diario deste complexo proceso, o mellor agasallo é recibir o agradecemento dos pacientes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar