Iago Aspas: "Fáltanos un xogador de enlace, non podo ser a nai e o pai"
Iago Aspas: "Fáltanos un xogador de enlace, non podo ser a nai e o pai"
Aspas tampouco non tivo problema en admitir que perderon "calidade" en comparación coa tempada pasada
O dianteiro do Celta Iago Aspas sincerouse nos micrófonos de Gol tras o empate ante o Xetafe:
"Se eu, que son o dianteiro, teño que vir atrás... Ou son a nai ou o pai, non podo chegar á área. Se dou o pase como lle dei a Javi (Galán) dous ou tres veces para que poña a última, non chego á área"
O moañés tamén admitiu que lles falta "o tipo de xogador que enlace" o centro do campo e o ataque. Aspas tampouco non tivo problema en admitir que perderon "calidade" en comparación coa tempada pasada.
O seu irmán Urbe Aspas concordaba coa análise que fixo Iago pero admitiu que son "declaracións que se fan en quente e co que hai pode sacarse a situación adiante".
Nun acto no que se estreaba un documental sobre a figura de Iago Aspas o presidente do Celta Carlos Mouriño referiuse ao dianteiro moañés como o "mellor canteirán da historia" do club vigués recoñecendo a traxectoria e o que lle deu Aspas ao Celta desde a súa chegada á entidade cando era un cativo.