Cargando resultados...
Iago López Marra, campión de Europa en embarcacións a vela de alta velocidade
Iago López Marra, campión de Europa en embarcacións a vela de alta velocidade
O de Portosín celebrou o triunfo xunto a Allan Norregaard e Janne Jarvine
G24.gal
26/09/2023 17:20
Última actualización 26/09/2023 17:25
O regatista sonense Iago López Marrra é campión de Europa en embarcacións a vela de alta velocidade. O de Portosín, celebrou o triunfo xunto a Allan Norregaard e Janne Jarvine. Os tres conforman a tripulación do Fin1Racing.
En Sardeña lograron converterse nos primeiros campións de Europa neste tipo de monocascos de tres tripulantes. Marra logrou o título tras a disputa de 16 mangas.
Unha vitoria que engrandece o seu palmarés en que destacan dous diplomas olímpicos, un subcampionato do mundo e dous ouros europeos, todos na clase 49er.