Publicador de contidos
Publicador de contidos

Identificados os implicados na liorta que deixou dous policías feridos na Coruña

Identificados os implicados na liorta que deixou dous policías feridos na Coruña

O SUP pide aumentar o número de dotacións na cidade

G24.gal 18/06/2023 14:11 Última actualización 18/06/2023 14:28

O Sindicato Unificado de Policía reclama a ampliación do cadro de persoal nas cidades para poder resolver con eficacia e seguridade intervencións coma a que esta fin de semana rematou con dous axentes feridos na Coruña.

Os policías foron agredidos cando trataban de poñer fin a unha liorta na que participaban ao redor de quince persoas, a maioría menores de idade. 

Segundo varias testemuñas, os implicados estaban baixo os efectos do alcol e das drogas. Os axentes recibiron empurróns e puñadas. A un deles intentárono golpear cunha barra metálica e sacarlle o chaleco de protección individual.

Os dous policías sufriron diversas contusións e foron atendidos nun centro sanitario. O sindicato presentarase como acusación particular na causa aberta polas lesións. Os implicados xa están identificados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade