Publicador de contidos
Publicador de contidos

Identifican o condutor que se gravou a 150 por hora no centro de Outeiro de Rei

Identifican o condutor que se gravou a 150 por hora no centro de Outeiro de Rei

A velocidade nese treito está limitada a 50 por hora

A Garda Civil localizouno tras investigar nas redes sociais

G24.gal 01/05/2022 12:32

A Garda Civil de Lugo identificou a persoa que circulaba a 150 quilómetros por hora nun treito limitado a 50 no centro de Outeiro de Rei

O home gravouse co seu propio móbil infrinxindo o límite de velocidade. A Garda Civil puido determinar o día, data e lugar do feito grazas a esta gravación mentres que a identificación do condutor requiriu unha investigación nas redes sociais.

Finalmente, o condutor identificado está agora a ser investigado por presuntos delitos contra a seguridade viaria, condución temeraria e velocidade excesiva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos