Igrexa e empresarios reflexionan en Santiago sobre ética e ben común
Igrexa e empresarios reflexionan en Santiago sobre ética e ben común
O arcebispado de Santiago convida neste foro os empresarios a que falen non só de balances de resultados, senón tamén de traballo digno ou inserción social
Arredor de 200 empresarios reúnense este venres en Santiago nun foro organizado polo Arcebispado compostelán para reflexionar sobre ética, ben común e sostibilidade. Inauguraron o encontro o arcebispo de Santiago, Francisco Prieto; o presidente da CEOE, Antonio Garamendi; o presidente da Conferencia Episcopal, Luis Argüello; o nuncio do papa en España, Bernardito Auza; e o presidente electo da Xunta, Alfonso Rueda.
O arcebispado de Santiago convida neste foro os empresarios a que falen non só de balances de resultados, senón tamén de traballo digno ou inserción social. A patronal di que o seu labor contribúe a mellorar a sociedade "xerando empregos, soldos, investimentos e con impostos que son os recursos que sosteñen os servizos do Estado", dixo Garamendi.
O debate central da xornada será sobre a ética da intelixencia artificial. O nuncio en España traslada a postura do Papa sobre este tema: "Deixa claro un principio xeral amplo e favorable, pero condicionado a unha verdadeira humanización do ser humano", explicou Auza.
O presidente electo da Xunta defende o compromiso do empresariado galego co progreso e critica a súa "demonización" e avanza que nesta lexislatura a colaboración público-privada permitirá facer grandes proxectos.
"Este Goberno négase a que toda proposta que veña do lado empresarial se poña baixo observación", dixo Alfonso Rueda.