Publicador de contidos
Publicador de contidos

Imputadas dúas persoas por facer ximnasia enriba de vehículos en marcha

Imputadas dúas persoas por facer ximnasia enriba de vehículos en marcha

Descubríronos grazas a uns vídeos difundidos polas redes sociais

Están acusados dun delito contra a seguridade viaria

G24.gal 23/12/2023 12:07 Última actualización 23/12/2023 12:34

Dúas persoas están a ser investigadas por facer ximnasia sobre os seus vehículos mentres estaban en macha. Descubríronos grazas a uns vídeos difundidos a través das redes sociais.

Nas gravacións un deles aparece sobre o capó do coche facendo flexións ou mesmo pesas, cun obxecto que acaba lanzando á estrada ou tamén sobre unha moto, totalmente estirado facendo abdominais.

Os investigados son dous veciños dunha poboación de Barcelona, menores de trinta anos, que están acusados dun delito contra a seguridade viaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade