Publicador de contidos
Publicador de contidos

Imputado por estafa un home que marchou sen pagar dun restaurante de Mondoñedo

Imputado por estafa un home que marchou sen pagar dun restaurante de Mondoñedo

O hostaleiro avisou o taxista que o levaba a Ribadeo, e o chofer conduciuno ao cuartel

Félix Aragunde 19/06/2023 13:56

Reservou mesa nun restaurante do centro de Mondoñedo, non escatimou en prezos á hora de pedir comida e bedida e aproveitou un descoido para marchar sen pagar. Fíxoo non sen antes pedir un taxi, sen contar co que ocorreu despois.

E é que o hostaleiro avisou o taxista cando xa estaban en ruta cara a Ribadeo, e o chofer alertou a Garda Civil e levou o cliente ao cuartel. Os seus compañeiros da parada mindoniense aseguran que farían o propio no seu lugar.

Luciano López, taxista: "Paréceme lóxico como reaccionou o compañeiro, porque estamos vendidos sempre. Si se me deu o caso de pedirme un servizo sen diñeiro, que adoito facelo. Outra cousa é descubrir polo camiño que non ten, que aí ao mellor si me cabreo".

En poboacións pequenas, como é Mondoñedo, non adoitan darse este tipo de casos. Sinalan que nas grandes cidades marchar sen pagar, tamén do taxi, é máis común do que parece, pero con tan só nove taxistas resulta moito máis difícil que non se avisen entre eles.

Luciano López, taxista: "É máis complicado. De feito, adoitamos dicilo e aínda se debería dicir máis. Se mo fan a min, é moi fácil que llo fagan ao compañeiro. Coñecémonos todos e debemos avisarnos se alguén é problemático".

Ao cliente que marchou sen pagar saíulle caro, posto que agora está imputado por un delito de estafa.

O investigado marchou sen pagar dun restaurante sito na praza do Concello O investigado marchou sen pagar dun restaurante sito na praza do Concello
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade