Publicador de contidos
Publicador de contidos

Inaugurado o paso inferior e o enlace de Sol e Mar en Oleiros (A Coruña)

Inaugurado o paso inferior e o enlace de Sol e Mar en Oleiros (A Coruña)

De esquerda a dereita: a subdelegada do Goberno, María Rivas; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane (Delegación do Goberno) De esquerda a dereita: a subdelegada do Goberno, María Rivas; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane (Delegación do Goberno)
G24.gal 20/06/2024 19:26

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, presidiron este xoves o acto de inauguración do paso inferior e do enlace de Sol e Mar, tras as obras executadas polo Goberno central.

No acto, Blanco asegurou que se trata dunha actuación que responde a unha "demanda" da cidadanía polo volume de condutores e condutoras que pasan pola zona.

Tamén destacou, nun acto con presenza tamén da subdelegada do Goberno, María Rivas, o investimento de máis de 73 millóns de euros que está a realizar o Executivo central nas comunicacións da Coruña e a súa contorna.

Concretamente, as obras realizáronse no punto quilométrico 5+190, ao seu paso polo núcleo de Perillo, en Oleiros, e substitúen a antiga intersección semaforizada de Sol e Mar. Este tramo da AC-12 constitúe un dos principais accesos á cidade da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade