Publicador de contidos
Publicador de contidos

Incáutanse de 4,5 toneladas de haxix en Barcelona e desartellan un perigoso grupo criminal

Incáutanse de 4,5 toneladas de haxix en Barcelona e desartellan un perigoso grupo criminal

TIñan formación militar e armas de guerra 

G24.gal 20/09/2023 21:43 Última actualización 20/09/2023 22:12

A Garda Civil recuperou 4,5 de haxix na costa do Garraf, en Barcelona, nunha das maiores operacións contra o narcotráfico en Cataluña.  A droga ía oculta en dous camións. 

Con esta incautación de droga remataba a operación Rescatada, que comezou hai catro anos e permitiu desartellar un grupo criminal moi violento e con formación militar. Tamén lles requisaron armas curtas e de guerra.

Nesta última fase prenderon 17 persoas, pero  xa están en prisión preventiva outros 33 presuntos integrantes da mesma organización detidos en redadas anteriores. Nos catro anos que durou o operativo a Garda Civil incautóselle a esta banda de narcotraficantes de 5,7 toneladas de haxix.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade