Cargando resultados...
Requisan 67 quilos de percebes nunha operación contra o furtivismo en Camariñas
Requisan 67 quilos de percebes nunha operación contra o furtivismo en Camariñas
Tamén aprehenderon tres equipos completos de mergullo e unha embarcación de recreo
Dúas bolsas cheas de percebes na operación contra o furtivismo
G24.gal
30/07/2022 18:35
Última actualización 31/07/2022 09:05
O Servizo Marítimo da Garda Civil da Coruña aprehendeu en Camariñas 67 quilos de percebes, máis tres equipos completos de mergullo e unha embarcación de recreo.
Os feitos sucederon cando os axentes, que levaban a cabo unha operación contra o furtivismo, detectaron á embarcación na Praia de Lago, onde desembarcaban e ocultaban as capturas.
Os efectos intervidos foron entregados ao Servizo de Garda Costas de Galicia e os 67 kg de percebe foron para o Centro benéfico Rías Altas da Coruña.