Arde de madrugada un edificio ocupado no centro da Coruña
Arde de madrugada un edificio ocupado no centro da Coruña
Non houbo que lamentar danos, pero veciños e comerciantes piden máis vixilancia na zona
Un incendio rexistrado esta fin de semana nun edificio abandonado do centro da Coruña obrigou os bombeiros a actuar e precintalo unha vez extinguiron o lume. Os veciños levaban tempo temendo que ocorrese unha desgraza ante o ir e vir continuo de persoas sen teito.
A rápida intervención dos bombeiros evitou males maiores, pero o susto na rúa San Andrés, pechada estes días ao tráfico na cidade herculina foi maiúsculo. As lapas prenderon presuntamente por unha faísca no cadro eléctrico dun edificio abandonado e despois nun colchón que deixaron no lugar os ocupas que acoden aquí habitualmente.
Veciños e comerciantes levan tempo denunciando a situación, sobre todo porque temían que algo así puidese suceder. Din que a policía non toma medidas eficaces para botar os ilegais. O edificio está precintado, pero na zona sospeitan que como non sufriu grandes danos seguirase utilizando como ata o de agora de xeito intermitente.