Arde un 'chiringuito' en Praia América, Nigrán, a causa dun incendio intencionado
Arde un 'chiringuito' en Praia América, Nigrán, a causa dun incendio intencionado
O local inaugurárase este xoves e pode perder a festa de San Xoán
Sen terraza de pallets, sen revestimento e sen suministración de auga, así quedou un chiringuito de Praia América en Nigrán tras o incendio declarado esta madrugada. Horas despois de que os seus tres donos fixeran unha festa de inauguración. Tamén se perdeu mercadoría como xeados ou patacas fritidas.
O GES do Val Miñor e os bombeiros do Baixo Miño aplacaron o incendio e cortaron a subministración de auga, xa que se danou a tubaxe e estaba a verter.
A principal hipótese é que o incendio foi provocado xa que non o causou ningún dispositivo eléctrico e empezou por fóra.
Os propietarios conseguiron a concesión tras poxar en sobre pechado máis de 30.000 euros, agora tentarán negociar co Concello de Nigrán.
Levoulles 15 días montar o local, polo que xa dan por perdida a noite de San Xoán, unha das mellores do ano; xa que estas praias acollen as cacharelas de máis sona do sur de Galicia.