Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dúas persoas desaloxadas por un incendio nun piso en Lugo

Dúas persoas desaloxadas por un incendio nun piso en Lugo

A orixe do sinistro puido estar nun curtocircuíto

G24.gal 09/06/2024 20:55

Dúas persoas tiveron que ser desaloxadas da súa vivenda por mor dun incendio. Declarouse sobre as tres da tarde deste domingo nun piso da rúa Yañez Rebolo, en Lugo. Trátase dunha vivenda que se arrenda por cuartos. No momento do lume varios dos seus inquilinos estaban dentro do piso e, de feito, foron eles os que avisaron aos bombeiros que acudiron rapidamente para apagar as lapas. Non hai que lamentar danos persoais pero si materiais, segundo nos contou a inquilina do cuarto que ardeu no incendio e que, ao parecer, se orixinou por un curtocircuíto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade