Incrementáronse nun 20 % as doenzas de transmisión sexual en dous anos en Galicia
Incrementáronse nun 20 % as doenzas de transmisión sexual en dous anos en Galicia
As farmacias de Pontevedra e Sanidade fan unha campaña preventiva
Nos últimos dous anos medraron en Galicia un 20 % as enfermidades de transmisión sexual. Incrementáronse a clamidia, a gonorrea e a sífilis sobre todo entre os mozos de 20 a 24 anos. O Colexio de Farmacéuticos de Pontevedra e a Consellería de Sanidade comezaron unha campaña preventiva para evitar máis transmisións.
Malia o esforzo dos boticarios cando os mozos acoden a farmacia, ás veces xa é tarde. Xa están infectados. Por iso os farmacéuticos apuntan que hai que actuar tamén nas casas e nos centros de ensino.
Amparo Cortés da Farmacia da Florida en Vigo aposta por unha campaña de difusión en que se vexan os efectos da clamidia, do herpes, da sida ou da sífilis.
Tamén as revisións médicas tanto para homes como para mulleres porque moitas doenzas son asintomáticas.
A información ten que chegar aos cativos canto antes xa que cada vez inician antes as relacións sexuais.