Publicador de contidos
Publicador de contidos

Increméntase o movemento turístico no Entroido

Increméntase o movemento turístico no Entroido

Balnearios da provincia de Pontevedra superan o 95 % de ocupación

G24.gal 10/02/2024 14:41 Última actualización 10/02/2024 19:40

Nesta semana de Entroido algúns establecementos de Galicia están ao 96 % de ocupación. Son sobre todo os que dispoñen de instalacións balnearias ou están preto de vilas con entroidos moi arraigados. Aínda que o mal tempo tamén produce cancelacións.

A celebración e as vacacións de entroido traen novos visitantes a Galicia. Gozar dunhas instalacións de auga quente como estas cando chove fóra é un dos grandes atractivos desta semana.

Tamén ao cen por cento están hoxe en Mondariz-Balneario e na vindeira fin de semana co gallo do San Valentín. O campionato de natación en Pontevedra e os entroidos están enchendo tamén a vivenda vacacional desta provincia.

As expectativas tamén son moi boas para a vindeira semana santa dentro de mes e medio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade