Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ingresa en prisión o coidador dun ancián por estafa e furto

Ingresa en prisión o coidador dun ancián por estafa e furto

Rouboulle xoias e usoulle a tarxeta de crédito cando morreu

G24.gal 12/03/2023 20:19 Última actualización 12/03/2023 20:52

O coidador detivérono na localidade sevillana de Coria del Río. Tras a morte do ancián e agochando a súa identidade, fixera 35 cargos bancarios coa tarxeta de crédito do vello, por máis de 11.000 euros.

"Todo tipo de compras a través de Internet. Desde entradas a parques temáticos ata hoteis de luxo en Madrid, comidas, viaxes, tecnoloxía e ata mobles para o seu propio fogar", explica un voceiro da Garda Civil.

A viúva do finado denunciou os cargos, que a deixaran en situación de vulnerabilidade económica. Mentres investigaban, os axentes da Garda Civil descubriron que ao matrimonio tamén lle roubaran 1.300 euros en xoias, que os levaron ata o responsable.

"O ladrón das xoias vendéraas en distintos establecementos da provincia de Sevilla e os axentes comprobaron que o nome coincidía co do coidador".

O individuo, de 38 anos, ingresou en prisión provisional sen fianza por estafa continuada e furto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade