Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ingresa no cárcere o mozo que agrediu un xornalista de "La Voz" en Pontevedra

Ingresa no cárcere o mozo que agrediu un xornalista de "La Voz" en Pontevedra

Está a ser investigado polos delitos de homicidio en grao de tentativa, atentado a axentes da autoridade, danos e lesións

É o mesmo que lle dera unha puñada a Mariano Rajoy nun acto preelectoral na cidade do Lérez hai oito anos

Redacción onde aconteceron os feitos Redacción onde aconteceron os feitos
G24.gal 15/07/2023 18:06 Última actualización 16/07/2023 08:40

A titular do Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra acordou o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza para o mozo que entrou este venres na redacción de La Voz de Galicia en Pontevedra e agrediu un xornalista.

O detido, que atacara en 2015 o entón presidente do Goberno Mariano Rajoy, está a ser investigado polos delitos de homicidio en grao de tentativa, atentado a axentes da autoridade, danos e lesións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade