Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ingresada unha muller en Lugo por inhalación de gases nun incendio nun piso

Ingresada unha muller en Lugo por inhalación de gases nun incendio nun piso

Un particular advertiu os equipos de emerxencia de que saía moito fume dun edificio

Bombeiros e policía interviñeron para evitar que o lume se propagase polo inmoble

G24.gal 08/09/2024 19:37

Bombeiros e policía participaron na extinción dun lume en Lugo que a primeira hora da tarde afectaba a este inmoble da capital lucense. Un particular avisara pouco antes de que saía moito fume do edificio.

Non afectou a máis veciños que á única ocupante do piso onde comezou o lume, que tivo que ser trasladada ao hospital por posible inhalación de gases.

As causas do incendio están pendentes de investigarse. Barállase a posibilidade de que se debese a un electrodoméstico ao que lles estoupou a batería ao prendelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar