Inician os trámites para a creación dun polígono agroforestal no val de Lemos
Inician os trámites para a creación dun polígono agroforestal no val de Lemos
Terá unha superficie de 52 hectáreas correspondentes a 200 propietarios
O obxectivo de Medio Rural é rendibilizar terra que non está en produción
Comezaron os trámites para o desenvolvemento do polígono agroforestal do concello de Bóveda. Supón mobilizar 52 hectáreas, un terreo que está dividido en case trescentas parcelas de douscentos propietarios.
O obxectivo é rendibilizar terras abandonadas e dinamizar o territorio. Primarán, sobre todo, que a recuperación a leven a cabo os propios donos, pero tamén barallan o arrendamento ou a compravenda.
Durante a presentación da iniciativa, o conselleiro do Medio Rural, José González, asegurou que os terreos, de "extraordinaria calidade", poden servir para diferentes usos agrogandeiros.
Pola súa banda, o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, amosouse partidario de estender o proxecto a todo o val de Lemos porque o sector gandeiro ten "moita necesidade" de superficie para forraxe.