Iñigo Vélez non descarta continuar no Lugo a próxima temporada
Iñigo Vélez non descarta continuar no Lugo a próxima temporada
Subliñou a necesidade de traballar para ofrecer un triunfo a afección
Chega o momento para a análise do adestrador do C. D. Lugo, Íñigo Vélez. O preparador vitoriano tratou a complexa situación do equipo unha vez consumado o descenso de categoría, subliñando a necesidade de traballar para ofrecer un triunfo á sufrida afección amurallada.
Doutra banda, defendía a profesionalidade incuestionable dun equipo que buscará deixar todo para conseguir a primeira vitoria baixo o seu mando:
"Xa é matemático. Estamos a vivir unha situación difícil. Expuxemos unha semana de traballo en busca da mellor preparación posible. Temos a ilusión de buscar a vitoria, enfocarnos en conseguir ese reto"
Iñigo Vélez falou do seu futuro:
"Falaremos. Veremos e queren que siga, eu non o descarta. É un club con moitas cousas boas".
"Eu agora teño que intentar deixar ao equipo o máis arriba posible".