Publicador de contidos
Publicador de contidos

Íñigo Vélez quere gañar polo equipo e pola afección

Íñigo Vélez quere gañar polo equipo e pola afección

O Lugo podería certificar o descenso esta xornada

Foto @CDeportivoLugo
G24.gal 21/04/2023 16:01 Última actualización 21/04/2023 16:09

O preparador do Lugo, Íñigo Vélez, asegurou que o equipo afronta o duelo fronte ao Málaga no Anxo Carro "coa máxima ilusión" e que non vive coa "sensación" de ter unha guillotina sobre a cabeza polas opcións de certificar o descenso matemático a Primeira RFEF esta mesma xornada se os brancos e vermellos non gañan aos andaluces e o Rácing de Santander vence ao Granada.

"Afrontamos o partido coa máxima ilusión, aínda que polas circunstancias poida parecer que non. Nós traballamos cada partido para gañalo e focalizamos a semana, neste caso a do Málaga, en conseguir esa vitoria que tanto se nos resiste", indicou Vélez.

"Non vivo con esa sensación (ter unha guillotina sobre a cabeza). Non son parvo e sei que a situación cada vez se complica máis, pero durante a semana ilusióname gañar o seguinte partido máis aló da clasificación. A situación non é positiva para ninguén e hai que centrarse no seguinte partido", declarou sobre a situación do Lugo.

Para o adestrador vitoriano non é agradable xogar un partido a vida ou morte: 

"Non gusta a ninguén afrontar un partido nesta situación (moi preto do descenso). As matemáticas pódenche dicir que non tes opcións e sendo realistas e sabendo que pode ocorrer este tipo de cousas, o importante é enfocarnos no rival e no seguinte partido. Esta é unha situación fodida porque cando non ganas achégaste máis ao descenso. Nese sentido hai que liberarse, facer un moi bo partido contra o Málaga e conseguir esa vitoria para seguir competindo e gañar por nós e pola afección".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade