As obras no saneamento na zona do piñeiral de Cabanas provocan as queixas de veciños e comerciantes
As obras no saneamento na zona do piñeiral de Cabanas provocan as queixas de veciños e comerciantes
Os veciños, que levan máis de medio ano aturando os traballos, quéixanse da falta de estacionamento, e os negocios, da redución dos seus ingresos
Os traballos de mellora de saneamento na zona do piñeiral máis próxima á vía do tren comezaron hai algo máis de medio ano e en Cabanas xa están fartos.
E din que están a prexudicar moitísimo. Por unha banda porque quitaron prazas de aparcadoiro. E pola outra... polos malos accesos.
E ao non haber xente tampouco hai vendas. "Os ingresos caeron a menos da metade". "Eu xa nin o miro porque é sufrir aínda máis".
Os veciños tamén están molestos. "Está todo cheo de pó. Afecta á respiración". "E cando chove... xa se asolagaron os chalés de aí abaixo".
O prazo de execución deste proxecto remata agora, a finais de maio. Pero teñen un mes de prórroga. "Eu traballo na construción e dígoche que nun mes non están rematadas". "Eu non o creo".
No Concello son máis optimistas. Confían en que antes do 30 de xuño os traballos estean completamente rematados.