Instalan trampas nunha lagoa en Monforte para capturar tartarugas de Florida
Instalan trampas nunha lagoa en Monforte para capturar tartarugas de Florida
Están consideradas unha especie invasora, de aí a intención de reducir o número de exemplares
No mesmo lugar tamén hai carpas que acaban coa fauna propia do contorno
As tartarugas de Florida localizadas nunha lagoa do paseo fluvial do Cabe, en Monforte, son unha especie invasora, pero tamén complicadas de atopar a simple vista. Constitúen unha colonia difícil de erradicar, pero que cómpre eliminar porque causan un impacto ecolóxico importante.
Conforme foi ascendendo o nivel de auga nesta lagoa as tartarugas quedaron con poucos lugares para se pór ao sol. Técnicos de Patrimonio Natural instalaron dúas plataformas que facilitan esta función, pero en realidade son trampas que teñen unha cavidade dentro para poder capturalas.
Nesta lagoa, que é unha antiga graveira, as tartarugas non son a única especie invasora. Tamén hai constancia da presenza de carpa.