Publicador de contidos
Publicador de contidos

Monforte acolle toda a semana os mellores artesáns de Galicia

Monforte acolle toda a semana os mellores artesáns de Galicia

Artelemos consolídase como unha das principais mostras galegas

Participan máis de trinta creadores, que usan todo tipo de materiais

Andrés Pavón/Jorge Pereira 05/08/2024 20:50 Última actualización 05/08/2024 20:59

Mais de 30 artesáns ofrecen ata o vindeiro sábado o froito do seu traballo en Monforte. Coiro, metal, papel, vidro... calquera material pode converterse nunha peza de artesanía, ben sexa como elemento decorativo ou como obxecto de uso cotián. Artelemos é unha das feiras máis buscadas polos artesáns.

"Eu fago xogos para cativos, pezas artelladas, bonecos..., todo en madeira".

"Traballo con titanio, con bronce, con aceiro, con óso, con corno...".

"Facemos fundas de pandeireta e todo tipo de complementos en tea".

A tradicional olería de Gundivós, no lindeiro concello de Sober, non podía faltar á cita. Trátase dunha técnica milenaria que aínda se conserva na zona.

"É moi valorada porque é a técnica máis antiga e máis propia de aquí", apunta Tomás López, oleiro.

Ao longo de toda a semana haberá diferentes talleres, obradoiros, conferencias ou demostracións para que os visitantes teñan máis coñecemento da artesanía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade