Publicador de contidos
Publicador de contidos

Intensifican a busca do 'Rambo galego' na bisbarra do Eume

Intensifican a busca do 'Rambo galego' na bisbarra do Eume

É experto en técnicas de sobrevivencia pola súa formación militar 

Escapou do cárcere durante un permiso penitenciario en marzo de 2021

G24.gal 04/01/2022 17:04

Ata cinco coches da Garda Civil acompañados doutros da policía local de Pontedeume e Cabanas puideron obxervar os veciños das zonas lindeiras ás Fragas do Eume onde se intensificou a busca do 'Rambo galego' nos últimos días.

A veciñanza di que se ven polas pistas forestais próximas ao parque natural e, en concreto, polo lugar da Pedra do Couto, na parroquia de Irís, desde onde se albisca gran parte do canón do río Eume.

Alfredo Sánchez Chacón, fuxitivo alcumado o 'Rambo galego', permanece en paradoiro descoñecido desde marzo de 2021, cando non regresou ao cárcere lugués de Monterroso tras un permiso penitenciario. Está condenado a 17 anos de prisión por matar un mozo de Cuntis pero tiña máis condenas e, por todas, debería estar no cárcere ata o 2025.

Varios veciños da comarca do Eume alertaron a semana pasada da súa posible presenza no parque natural e mostraron a súa intranquilidade. Hai 20 anos, xa andara escapado por esta zona e mesmo durmira nalgunha casa abandonada. É experto en técnicas de supervivencia que aprendeu na Compañía de Operacións Especiais do Exército.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade