Publicador de contidos
Publicador de contidos

Interceptan en Padrón o condutor dun bus escolar por circular ebrio

Interceptan en Padrón o condutor dun bus escolar por circular ebrio

No momento da denuncia, ía recoller nenos a un colexio de Santiago 

Será multado con 500 euros e perderá catro puntos do carné de conducir

G24.gal 03/03/2023 08:56

A Garda Civil denuncia un condutor dun microbús de transporte escolar que superaba as taxas de alcol permitidas en sangue. A Garda Civil interceptouno na AG-11 en Padrón o pasado 1 de marzo cando se dirixía a un dos colexios que tiña asignados para a recollida dos escolares en Santiago. Á hora en que foi localizado, as 15:50 horas, ía recoller o alumnado coincidindo coa fin da súa xornada lectiva.

Tras ser sometido ás probas de alcoholemia, o condutor deu unhas taxas de alcol en sangue de 0,26 e 0,24 mg/l en aire expirado. O vehículo quedou inmobilizado e o condutor foi sancionado.

Segundo a Garda Civil, impoñeráselle unha sanción de 500 euros e a detracción de catro puntos do seu crédito como condutor. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade