Publicador de contidos
Publicador de contidos

Interceptan un veciño de Cedeira que conduciu 13 quilómetros en sentido contrario na AG-64

Interceptan un veciño de Cedeira que conduciu 13 quilómetros en sentido contrario na AG-64

O home deu positivo na proba de alcoholemia

G24.gal 07/01/2024 22:55 Última actualización 07/01/2024 23:06

Un veciño de Cedeira en estado de embriaguez circulou durante trece quilómetros en sentido contrario pola autovía que une Ferrol e Vilalba.

Viaxaba polo carril esquerdo en dirección Ferrol neste cuadriciclo lixeiro, coñecido popularmente como "coche sen carné". A Garda Civil investígao como presunto autor de dous delitos contra a seguridade vial, un por condución temeraria e outro por circular baixo os efectos do alcol. Tráfico activou os paneis de alerta para advertir da presenza do vehículo na vía e cortou a circulación en sentido Vilalba. Finalmente, o home foi interceptado no quilómetro 18, á altura de San Sadurniño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade