Publicador de contidos
Publicador de contidos

Interior analiza 60 denuncias por picadas para saber "que hai detrás"

Interior analiza 60 denuncias por picadas para saber "que hai detrás"

Marlaska instou as mulleres a que denuncien ante calquera sospeita de que as picasen e que acudan aos centros de saúde

Barállanse as opcións da submisión química ou de aumento da sensación de inseguridade

G24.gal 05/08/2022 17:09

Marlaska informou este venres de que hai 60 denuncias que están analizando as forzas de seguridade para determinar "que hai detrás". As opcións que barallan é que se trate de submisión química para cometer un delito ou se busca crear unha sensación de inseguridade.

Nunha entrevista en TVE determinou que os corpos policiais traballan para "concretar e comprobar" se as picadas buscan a inoculación de substancias tóxicas para someter a vítima e cometer un delito, fundamentalmente de carácter sexual.

Outra das hipóteses que barallan é "se hai outra vontade detrás, como a de intentar trasladar unha sensación de inseguridade" e "amedrentar un colectivo" cun "discurso absolutamente machista de tratar de sacar o 50 % da poboación do espazo público".

O ministro instou as mulleres a que denuncien ante a mínima crenza de que fosen picadas e que se acheguen a un centro de saúde porque algúns tóxicos son de moi rápida absorción.

Marlaska recordou que esa conduta xa é delituosa, xa que a picada constitúe un delito de lesións con agravante de xénero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade