Publicador de contidos
Publicador de contidos

Interveñen máis de 6.000 xoguetes en Pontevedra por defectos de seguridade

Interveñen máis de 6.000 xoguetes en Pontevedra por defectos de seguridade

G24.gal 22/12/2023 12:25

A Garda Civil interviu máis de 6.000 xoguetes en dezaoito establecementos da provincia de Pontevedra tras detectar que todos eles presentaban defectos en materia de seguridade.

As inspeccións realizáronse en establecementos dedicados á comercialización de xoguetes en Pontevedra, Lalín, Cangas do Morrazo, Caldas de Reis, Ponteareas e O Porriño.

O valor dos xoguetes que foron retirados do mercado supera os 35.000 euros.

Estas inspeccións enmárcanse nas actuacións da Garda Civil en relación co control das normas de seguridade destes produtos, relativas á súa etiquetaxe, envasado e publicidade destes xoguetes, deseñados para ser utilizados por menores de 14 anos.

As irregularidades detectadas nos diferentes establecementos inspeccionados están relacionadas con defectos formais ou a falta de marcado C.E., con carecer de advertencias relativas ás pezas de pequeno tamaño ou con non figurar a idade recomendada.

Ademais, algúns deles non tiñan instrucións ou non figuraban en castelán, non identificaban os produtos en xogos de química ou pinturas de maquillaxe ou non aparecía o importador autorizado cando proveñen de terceiros países.

Os xoguetes intervidos foron postos á disposición do Instituto Galego de Consumo da Xunta de Galicia e do departamento de Aduanas e Impostos Especiais de Pontevedra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade