Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigada unha cidadá alemá por maltratar preto de cen cans no Saviñao

Investigada unha cidadá alemá por maltratar preto de cen cans no Saviñao

Algúns dos animais, que supostamente foron traídos doutros países europeos, presentaban xa problemas de mobilidade, amais de feridas e úlceras

O xulgado de Monforte abríu xa as primeiras dilixencias

Cans nunha protectora de animais Cans nunha protectora de animais
G24.gal 08/05/2023 19:02

Unha cidadá alemá foi imputada como investigada pola Garda Civil por un suposto delito de malos tratos a animais, tras comprobar que tiña a case un centenar de cans en mal estado nunha vivenda do Saviñao.

A Garda Civil, tras ter coñecemento da existencia de numerosos cans procedentes de terceiros países nunha vivenda situada no termo municipal do Saviñao (Lugo), iniciou unha investigación policial para determinar as condicións hixiénico-sanitarias dos animais.

Ata o lugar desprazouse unha patrulla do Seprona, xunto con persoal da Xunta de Galicia, para realizar unha inspección e comprobar a documentación, o estado hixiénico sanitario e o benestar dos animais.

Grave estado de saúde

Durante a inspección, os axentes localizaron 97 cans, 4 felinos e 17 cabalos. Varios cans atopábanse nun estado de saúde "severamente comprometido ou con sintomatoloxía compatible con patoloxías graves", informa a Garda Civil nun comunicado.

Algúns estaban "totalmente prostrados e outros con úlceras compatibles con problemas de mobilidade (tetraparesia)". A unha vintena deles, presumiblemente epilépticos, "forneceríaselles un medicamento do grupo dos barbitúricos, aplicado sen control e sen diagnóstico veterinario, coas consecuencias negativas que puidesen ocasionar na saúde dos animais".

Por todo iso, foi imputada como investigada por un suposto delito de malos tratos animais unha muller alemá. As dilixencias quedaron en mans do xulgado de Monforte. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar