Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigado un home por estafar 47.000 € por Internet a un concello coruñés

Investigado un home por estafar 47.000 € por Internet a un concello coruñés

O ciberestafador enviou varias mensaxes desde un enderezo de correo electrónico que imitaba ser a da empresa coa que o Concello mantiña relación comercial

A Garda Civil logrou paralizar e recuperar 15.100 euros dos 47.305 euros que foron estafados no pago da factura

G24.gal 30/05/2023 09:33

A Garda Civil da Coruña investiga un home residente en El Ejido, Almería, por estafar supostamente 47.305 euros por Internet a un concello da comarca coruñesa do Barbanza.

A investigación iniciouse en xaneiro do ano pasado por mor da denuncia interposta en dependencias oficiais da Garda Civil por un responsable dun dos concellos da comarca do Barbanza, en que se denunciaba sufrir unha estafa ao realizar o pago a unha empresa pola realización dun servizo.

A estafa levou a cabo mediante a técnica coñecida como 'Business Email Compromise', ao falsear un correo corporativo, coa que “este tipo de estafas sofisticadas son dirixidas mediante unha combinación de tácticas de 'phishing' e enxeñería social”.

O ciberestafador enviou varias mensaxes ao Concello desde un enderezo de correo electrónico que imitaba ser o da empresa coa que mantiña relación comercial o organismo público, en que chegou a achegar un certificado de conta falsificado onde se lle indicaba que debería facer o pago dos traballos realizados.

A entidade local, tras recibir chamada da empresa real interesándose pola factura pendente de pago, tras manter unha conversación, decatouse que o número de conta non coincidía co que a empresa lle estaba comunicando, “dándose conta nese momento de que foran vítimas dunha estafa”.

A Garda Civil iniciou unha investigación para comprobar a veracidade dos feitos e a identificación do autor ou autores do ilícito.

Como froito da investigación, os axentes da Garda Civil lograron paralizar e recuperar 15.100 euros dos 47.305 euros que foron estafados no pago da factura, así como a identificación plena do autor dos feitos tras o visionado de diversas cámaras de videovixilancia.

O suposto estafador, un veciño de El Ejido (Almería), contaba con antecedentes por estafas realizadas por Internet. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade