Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan a posible desatención dunha nena nunha praia fluvial de Pontevedra

Investigan a posible desatención dunha nena nunha praia fluvial de Pontevedra

Atendérona no Hospital de Pontevedra tras un golpe de calor e despois de que outros bañistas denunciaran que a proxenitora, que ten cinco fillos máis, non coidaba da pequena

Hospital provincial de Pontevedra Hospital provincial de Pontevedra
G24.gal 19/08/2023 13:58

Denuncian ante a Fiscalía de menores e os servizos sociais de Pontevedra a posible desatención dunha nena de dous anos que acabou no hospital. Foron os socorristas da praia fluvial de Monte Porreiro os que deron a voz de alarma despois de dectectar que a pequena sufría un golpe de calor.

Informaban de que perdía o equilibrio e caía cada pouco tempo. Foi levada o hospital provincial. A nena estaba na praia coa súa nai, unha veciña de Pontevedra de 48 anos que ten cinco fillos máis.

Varias testemuñas denunciaron a desatención da nena por parte da súa proxenitora. Agora a Fiscalía estuda o caso por se existe algún tipo de infracción ou neglixencia no coidado da menor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade