Investigan un home na Laracha por agresións con armas brancas
Investigan un home na Laracha por agresións con armas brancas
Ocorreu nas portas dun local de ocio nocturno, e o home conta con antecedentes por violencia de xénero
Sucedeu na Laracha, ás portas dun pub que leva poucos meses aberto pero segundo algúns veciños xa foi escenario de varios incidentes. Nesta ocasión, un home de 40 anos ao que a Garda Civil xa ten identificado enfrontouse a outros clientes do local cunha barra de ferro e tres coitelos.
Abríronse dilixencias contra el por agresión por estes feitos e comprobouse que tiña antecedentes policiais por polo menos tres denuncias por delitos de violencia de xénero contra unha exparella.
O home, co torso, espido portaba varios coitelos nas súas mans. Agrediu clientes do pub na rúa e intimidou a máis, só o porteiro do local se atreveu a facerlle fronte. Os veciños da zona relatan que talvez sexa un dos peores sucesos que recordan, pero que os incidentes son habituais.
Testemuñas do suceso falan dun home moi violento e coas súas facultades visiblemente afectadas polo consumo de drogas ou alcol. Os que viven nesta zona din que as fins de semana a convivencia é complicada. A veciñanza está farta dos conflitos e pide máis vixilancia no control dos ruídos e os horarios ás autoridade competentes.