Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan dous lugueses por atribuírse leiras alleas para cobrar axudas da PAC

Investigan dous lugueses por atribuírse leiras alleas para cobrar axudas da PAC

A Garda Civil cre que chegaron a cobrar uns 30.000 euros en subvencións ao incrementar a superficie que declaraban como propia das súas explotacións

G24.gal 13/06/2024 11:52

A Garda Civil imputou un veciño de Guntín de 26 anos e a outro de Lugo de 73 anos como investigados polos delitos de estafa, fraude contra a facenda pública europea e usurpación de terreo rústico. Os dous son sospeitosos de atribuírse leiras doutros propietarios para cobrar axudas europeas, grazas ás cales lograron recadar uns 30.000 euros.

Segundo a información facilitada pola Garda Civil, ambos os investigados usaron “datos falsos nas declaracións” para solicitar axudas da Política Agraria Común (PAC), ao atribuírse o uso de varias leiras rústicas mediante arrendamento sen que os seus lexítimos propietarios tivesen coñecemento diso, unha circunstancia que mesmo chegou a provocar unha modificación da súa valoración catastral.

As citadas leiras, precisa a Comandancia de Lugo nun comunicado, están situadas nos termos municipais de Guntín e de Lugo.

As axudas recibidas, polo menos nos últimos cinco anos ían en función da superficie declarada, polo que supostamente incorporaron as citadas parcelas para obter unha maior subvención.

A investigación continúa aberta e foi remitida ao Xulgado de garda de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade