Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan o intento de secuestro dun cativo de cinco anos en Pamplona

Investigan o intento de secuestro dun cativo de cinco anos en Pamplona

Un irmán do pequeno alertou os pais e o suposto raptor deixou o neno no chan cando fuxía

G24.gal 18/02/2023 20:39 Última actualización 18/02/2023 21:07

A Policía Municipal de Pamplona seguía buscando esta fin de semana un home polo presunto intento de rapto dun neno de 5 anos.

Esa tentativa producíase o venres sobre as oito da tarde cando un home colleu o cativo en brazos e, supostamente, pretendeu fuxir con el nun momento de despiste dos pais.

Sucedía no contexto das celebracións do Entroido no barrio pamplonés de Rochapea. Un irmán do cativo e varios amigos decatáronse do sucedido e comezaron a berrar.

O home, ao verse descuberto polos raparigos e tamén polos pais, desprendeuse do menor e desapareceu ás présas entre a xente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade