Investigan a morte violenta dunha muller de 86 anos en Monte Alto
Investigan a morte violenta dunha muller de 86 anos en Monte Alto
A veciñanza escoitou berros e un ruído forte procedente do piso en que vivía a vítima
A porta da vivenda non estaba forzada nin había sinais de forcexo nin obxectos revoltos
A Policía investiga a morte dunha muller de 86 anos, á que atoparon con sinais de violencia na súa casa de Monte Alto, no concello da Coruña. A alerta deuna unha veciña do mesmo inmoble contra as oito da tarde.
Ao parecer, a veciñanza escoitou berros e un ruído forte procedente do piso en que vivía a vítima. Segundo comprobaron os axentes, a porta non estaba forzada nin había sinais de forcexo nin obxectos revoltos por un posible intento de roubo.
A Policía científica acudiu ao piso para coller pegadas e tomarlles declaración aos residentes no inmoble. Todas as hipóteses están abertas e non consta, de momento, que haxa detidos.