Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan en Monforte unha suposta estafa de 12.000 euros na venda dun cadro

Investigan en Monforte unha suposta estafa de 12.000 euros na venda dun cadro

Despois de convencer unha veciña de Bóveda, levárona ao banco para que sacase os cartos

A policía identificou dous homes en Monforte como sospeitosos da autoría destes feitos

 

Félix Aragunde 08/03/2023 13:51

Dous homes que trataron de venderlle un cadro a unha veciña de Bóveda por 12.000 euros foron identificados en Monforte pola policía. Tras convencer a muller para que lles comprase a pintura, conducírona ata unha oficina bancaria monfortina para que sacase os cartos.

Pero, mentres esperaban fóra, os comentarios da clienta espertaron as sospeitas dos empregados da sucursal, que deron aviso ao 091. Aos poucos minutos, presentáronse dous axentes con uniforme e unha decena máis de paisano. 

No coche onde agardaban os sospeitosos, os gardas atoparon 1.000 euros en metálico e unha terminal de pagamentos con tarxeta. Os feitos están agora a ser investigados por se se tratase dun intento de estafa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade