Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan se os materiais da fachada puideron provocar a rápida propagación do lume

Investigan se os materiais da fachada puideron provocar a rápida propagación do lume

Os técnicos din que o poliuretano é un bo material illante pero altamente combustible

As testemuñas din que o lume se estendeu en poucos minutos por todo o edificio

G24.gal 23/02/2024 14:47

En apenas trinta minutos as dúas torres do barrio do Campanar quedaban cubertas de lapas e fume. "Un incendio nunha vivenda, nunha estrutura urbana que se comportou practicamente como un incendio forestal", di o bombeiro David Hermida.

A promotora promovía hai 17 anos a súa construción falando dun edificio vangardista cunha fachada de pranchas de aluminio. A clave está no revestimento interior con poliuretano, un material moi illante pero altamente combustible.

"Nese espazo que queda entre o panel exterior e o revestimento, nun momento determinado se entra o lume, pode subir porque fai efecto cheminea", asegura Luis Sendra, decano do Colexio de Arquitectos de Valencia

As lapas propagáronse cara a arriba e tamén cara a abaixo cun goteo continuo deste material ao entrar en contacto co lume.

"Non dá tempo a reaccionar e nin sequera é capaz de ser controlado polos profesionais da extinción de incendios", di Andrés Pedreira, enxeñeiro de protección contra incendios da Universidade Carlos III.

O uso deste tipo de materiais está restrinxido en España desde o 2019 a raíz do incendio da torre Grenfell de Londres.

 "A seguridade que temos hoxe na normativa estatal é garantista para que estes casos apenas se poidan dar. Teñen que ser unhas circunstancias moi extraordinarias", defende Luciano Alfaya, decano do Colexio de Arquitecto de Galicia.

E recomendan no caso de dúbidas contactar cos técnicos para facer unha avaliación do edificio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade