Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan sete alumnos dun instituto de Zaragoza por difundir fotos falsas de compañeiras espidas

Investigan sete alumnos dun instituto de Zaragoza por difundir fotos falsas de compañeiras espidas

As fotos das menores espidas foron manipuladas cunha aplicación de intelixencia artificial

A sete dos alumnos presuntamente implicados impútaselles un delito de pornografía infantil e outro contra a integridade moral

Entre os presuntos implicados hai seis menores de 14 anos, que son inimputables

G24.gal 24/02/2024 20:20 Última actualización 24/02/2024 20:45

A investigación comezou tras a denuncia das familias de varias alumnas dun instituto de Utebo, unha localidade próxima a Zaragoza. As vítimas déronse conta de que fotos súas en que aparecían espidas estaban circulando en chats de compañeiros do instituto. Eran fotos falsas que foran manipuladas cunha aplicación de Intelixencia Artificial.

"Son fotografías que se obtiveron tras facer capturas de pantalla de fotos que as propias vítimas subiron a unha coñecida rede social, e que posteriormente foron manipuladas con intelixencia artificial, conseguindo así a imaxe co corpo espido, aínda que era unha imaxe falsa", explica a Garda Civil.

Hai 13 menores presuntamente implicados nos feitos. A sete deles, de entre 14 e 15 anos, impútaselles un delito de pornografía infantil e outro contra a integridade moral.

"Estas imaxes manipuladas foron difundidas entre conversas de telefonía móbil dos propios compañeiros do instituto, e mesmo as ofreceron para a súa venda a cambio dunha cantidade de diñeiro", continúa explicando.

Cando as vítimas descubriron as fotos falsificadas, os menores implicados coordináronse para eliminar probas e borrar as imaxes dos seus teléfonos móbiles. Entre os implicados hai seis menores de 14 anos, que por razón de idade non poden ser imputados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade