Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigan unha agresión a un menor en Vigo, que foi gravada e difundida en redes sociais

Investigan unha agresión a un menor en Vigo, que foi gravada e difundida en redes sociais

A denuncia presentouse na comisaría de Policía Nacional de Vigo

G24.gal 30/08/2023 11:02

A Policía Nacional investiga unha suposta agresión a un menor de idade ocorrida en Vigo, e que foi gravada e difundida a través de redes sociais.

Segundo informaron fontes policiais, por estes feitos presentouse denuncia na comisaría da cidade olívica e puido constatarse que a agresión foi gravada e que se difundiron imaxes a través de redes sociais.

A policía abriu unha investigación para identificar e localizar ao presunto agresor e a posibles testemuñas, e eludiu facilitar máis datos "para non interferir" nas pescudas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade