Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dez disparos contra a cristaleira dun restaurante de Pontedeume

Dez disparos contra a cristaleira dun restaurante de Pontedeume

As primeiras análises parecen indicar que foi cunha arma de pequeno calibre

G24.gal 18/08/2022 08:59

A Garda Civil investiga desde este mércores unha denuncia por dez disparos realizados contra un restaurante do concello cruñes de Pontedeume.

Foi o cociñeiro do establecemento quen deu a voz de alarma. Tanto el como a propietaria do bar rexeitaron facer declaracións a cámara. Din que non se explican que motivos pode haber tras o tiroteo pero recoñecen que teñen medo a posibles represalias. Un medo que tamén compartían os veciños e os visitantes.

Nunha das cristaleiras do restaurante hai dez buracos, que segundo a denuncia do propietario son de arma de fogo. O equipo de investigadores da policía xudicial marcaron os furados coas letras da A á J. Será agora os especialistas de balísticas os que determinen que tipo e arma se empregou para realizar os disparos. As primeiras pescudas parecen indicar que foi cunha arma de pequeno calibre.

A Garda Civil investiga o ocorrido tras unha denuncia do propietario do local, que está situado xunto ao centro de interpretación das Fragas do Eume.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade