Investigan unha posible agresión sexual dun menor a unha nena en Cervo
Investigan unha posible agresión sexual dun menor a unha nena en Cervo
A Garda Civil fíxose cargo da investigación
Axentes da Garda Civil da Mariña están a investigar unha posible agresión sexual a unha nena por parte doutro rapaz de 14 anos en San Cibrao, no concello de Cervo.
Fontes policiais confirmaron que a investigación púxose en marcha para esclarecer este suceso, “unha suposta agresión sexual con menores implicados”. Dada a natureza dos feitos, non transcenderon máis datos por parte da Garda Civil.
A suposta agresión tería lugar este mércores pola tarde. De feito, un particular chamou ao teléfono de emerxencias 112, contra ás 17:30, para solicitar presenza policial e asistencia sanitaria para a vítima.
O 112 mobilizou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ademais de pasar aviso do sucedido á Garda Civil, á Policía Local e á Policía Autonómica.
A vítima foi trasladada a un centro médico para ser sometida a unha avaliación que determinase se houbo agresión sexual. Outro menor de idade tamén está sendo investigado pola súa posible implicación no ocorrido.
A investigación segue aberta e as dilixencias do caso foron trasladadas á Fiscalía de Menores.