Cargando resultados...
Investigan unha veciña da Laracha por circular pola A-6 ebria e en sentido contrario
Investigan unha veciña da Laracha por circular pola A-6 ebria e en sentido contrario
A Garda Civil logrou contactar telefonicamente coa condutora, que segundo lles dixo estaba desorientada e estacionada na medianeira
G24.gal
10/11/2021 15:08
Investigan unha veciña da Laracha por conducir ebria e circular en sentido contrario pola A-6, entre Sigrás e Ledoño. Varias chamadas alertaron a Tráfico dun vehículo circulando en sentido Arteixo polos carrís reservados para ir en dirección Madrid.
A Garda Civil logrou contactar telefonicamente coa condutora, que segundo lles dixo estaba desorientada e estacionada na medianeira. Cando as patrullas chegaron a esa localización, a muller emprendera a marcha de novo. Finalmente os axentes localizárona na Laracha.
Agora enfróntase a dous delitos contra a seguridade viaria.