Publicador de contidos
Publicador de contidos

Investigado por un delito contra a seguridade viaria un mozo que se gravou circulando a 215 km/h

Investigado por un delito contra a seguridade viaria un mozo que se gravou circulando a 215 km/h

O mozo subiu posteriormente a gravación ao seu perfil nunha rede social, o que permitiu identificalo

Aconteceu en Olías del Rey, Toledo

A Garda Civil xa remitiu as dilixencias do caso ao xulgado

G24.gal 16/02/2024 12:50

A Garda Civil investigou por un delito contra a seguridade viaria un mozo de 21 anos, veciño da localidade toledana de Olías del Rey, que se gravou conducindo a 215 quilómetros por hora nunha vía limitada a 90.

O mozo subiu posteriormente a gravación ao seu perfil nunha rede social, o que permitiu identificalo. Os axentes puideron tamén determinar a marca e posible modelo do vehículo en que circulaba. As dilixencias instruídas foron remitidas xa ao xulgado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade