Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pérez Jácome, de novo alcalde de Ourense grazas a un pacto "in extremis" co PP

Pérez Jácome, de novo alcalde de Ourense grazas a un pacto "in extremis" co PP

Gonzalo Pérez Jácome recibiu o apoio dos dez concelleiros de Democracia Ourensana, polo que gobernará en minoría a terceira cidade de Galicia

Os sete edís do PP votaron a Manuel Cabezas, os seis do PSdeG-PSOE a Francisco Rodríguez, que tamén recibiu o apoio dos catro nacionalistas do BNG

Manuel Cabezas retírase do Concello por discrepancias co acordo do que soubo "minutos antes do pleno"

Gonzalo Pérez Jácome, de novo alcalde de Ourense
G24.gal 17/06/2023 12:24 Última actualización 17/06/2023 21:06

O Concello de Ourense celebrou o pleno da súa constitución este sábado ao mediodía. Non houbo sorpresas e na primeira das votacións ningún dos candidatos logrou a maioría absoluta. Jácome obtivo o apoio dos dez edís de Democracia Ourensana, Francisco Rodríguez sumou os seis votos dos socialistas e mais os catro dos nacionalistas do BNG, polo que empatou a dez votos e os concelleiros do PP, sete, déronlle o apoio a Manuel Cabezas.

Tras esta votación e, como establece a lei de réxime local, ao non lograrse a maioría absoluta de 14 votos ningún dos candidatos, quedou proclamado alcalde de Ourense o líder de Democracia Ourensana, Gonzalo Pérez Jácome.

Repite como rexedor de Ourense no seu segundo mandato consecutivo. Democracia Ourensana e o Partido Popular chegaron a un acordo para deixar gobernar a lista máis votada no concello de Ourense e na Deputación. Os sete concelleiros populares votaron polo seu cabeza de lista, Manuel Cabezas, e Jácome recibiu o apoio dos dez edís de Democracia Ourensana.

Vai gobernar en minoría os próximos catro anos, como xa o fixera na maior parte da lexislatura que acaba de rematar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade