Javi Rey e o Arenteiro separan os seus camiños
Javi Rey e o Arenteiro separan os seus camiños
O adestrador dirixiu o equipo que fixo historia cun oitavo posto na Primeira Federación
Javi Rey non seguirá no Arenteiro a vindeira temporada. Así o confirmou o club despois de que nas conversas para a súa renovación non chegasen a un acordo. Co adestrador ourensán o equipo vén de realizar a mellor campaña da súa historia rematando no oitavo posto na estrea da Primeira Federación para os verdes, un resultado que non agardaba nin o máis optimista.
Desde novembro de 2022 dirixía Javi Rey o Arenteiro. Chegou dun xeito pouco usual. A fichaxe de Fran Justo, entón adestrador do cadro do Carballiño, polo Lugo propiciou a aposta por un dos seus mellores amigos e persoa de confianza no fútbol. Rey dirixía entón o Barco, na Terceira Federación.
Javi Rey mantivo a inercia positiva do equipo, que xa era o líder da 2.ª RFEF, e acadou un histórico ascenso. Os éxitos continuaron e o adestrador demostrou a súa valía en 1.ª RFEF. Agora tomará outro camiño, igual ca o Arenteiro, que xa busca substituto.