Publicador de contidos
Publicador de contidos

Javier Avilés ve a salvación do Lugo "moi, moi difícil"

Javier Avilés ve a salvación do Lugo "moi, moi difícil"

Cre que lles fai falta "calma" e "decidir mellor" nos últimos metros para marcar máis goles

G24.gal 12/04/2023 13:15 Última actualización 12/04/2023 13:24

O extremo do Lugo, Javier Avilés, afirmou que lles fai falta "calma" e "decidir mellor" nos últimos metros para marcar máis goles e romper a seca de triunfos que lles levou a unha situación moi comprometida na Liga SmartBank, a 14 puntos da permanencia con 21 por disputar, aínda que, na súa opinión, aínda reversible: 

"Está moi, moi difícil. Matematicamente aínda se pode. En fútbol nunca se sabe e nós ímolo a tentar ata o final", declarou nunha conferencia de prensa tras recibir o trofeo Estrela Galicia ao mellor xogador de marzo no equipo galego.

Avilés chegou ao Lugo no mercado invernal cedido polo Leganés e foi titular cos tres adestradores que xa tivo nesta etapa en Galicia: Fran Justo, Joan Carrillo e Íñigo Vélez de Mendizábal, que o está utilizando como dianteiro.

"A nivel persoal estou bastante contento. Sei que teño moito máis e aos poucos voume notando mellor no campo, estou a adaptarme a unha posición distinta e iso é bo", valorou.

Seu foi o único gol dos lucenses nos seis últimos partidos do campionato, aínda que o Racing de Santander (1-1) evitou que se convertese en vitoria ao neutralizalo na xogada con que acabou o encontro: 

"Fainos falta un pouco de sorte e máis calma nos últimos metros para ter máis gol. Ao equipo véxoo compacto e ben, pero fáltanos calma e decidir mellor nos últimos metros", analizou.

Avilés, que non coñece a vitoria co Lugo, prognosticou "un partido moi disputado" o sábado ante o Oviedo no Carlos Tartiere.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade