Publicador de contidos
Publicador de contidos

Javier Olleros, feliz e contento por ser candidato a mellor cociñeiro do mundo

Javier Olleros, feliz e contento por ser candidato a mellor cociñeiro do mundo

O chef do Grove xa figura entre os 100 mellores do mundo

Galicia celebra a candidatura de Javier Olleros ao The Best Chef Awards
 

Restaurante Culler de Pau de O Grove
G24.gal 05/04/2022 14:37

Hoxe é martes e Culler de Pau pecha por descanso do persoal, pero a el atopámolo traballando en Madrid. Incansable e tenaz, Javier Olleros non pode ocultar a súa felicidade.

"Síntome feliz e contento, un pouco sen ter tempo para encaixar estas cousas porque estamos traballando, pero o que si podo dicir, encantados das mostras de cariño, iso é o que máis nos abraia", conta Javier Olleros, chef  do Culler de Pau

Este restaurante está xa entre os 100 mellores do mundo, pero o xurado do certame puxo sobre todo o acento no traballo do chef.

"Creo que o xurado é diverso, especializado, e supoño que verían o labor de traballo, de constancia e de ilusión que fai Culler de Pau, e neste caso eu como a súa cabeza visible", apunta o cociñeiro

Malia aos premios e recoñecementos que foi atesourando nos 13 anos de traxectoria á fronte do Culler de Pau, Olleros non perdeu a súa esencia, a súa gastronomía segue integradada na paisaxe do seu Grove natal, e o seu compromiso segue intacto cos produtos da terra, cos clientes, co seu equipo e coa herdanza recibida de seu pai.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade